Comentario de Esperanza Rodríguez Caramés
Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Balnco
Certamente este é o libro máis peculiar que lin, e
non pola demanda que fai nin o tema principal, senón polas circunstancias do
protagonista e a situación que se dá.
Miña parte preferida?, pois cando Sebas lles conta
que non entregaba a porca porque ela mesma lle dixera que non quería morrer en
Alemaña, senón que prefería ser degollada. Gústame esta parte pois porque, nese
momento, imaxineime a situación e non puiden evitar rirme ao ver na miña cabeza
á porca gruñindo no momento oportuno e as caras do cónsul e o seu compañeiro
ante esta situación. O protagonista pareceume, non sei, un bo tipo cunha
opinión que defender. Iso si, estaba un tanto tolo pero supoño que sería por mor
do tempo sen durmir. A parte final gustoume pois non deu o brazo a torcer e ese
acto de valentía e rebeldía pareceume un bo final! E ademais outra cousa que me
gustou do libro, é que retrataba tal cal a maneira de falar das personaxes sen
censuras.
Este libro fixo que no prólogo do principio me
perdera e en fin non entendía nada. Porén ao lelo mais adiante e xa cando o
comprendín, provocoume moitos momentos de risa. A min gustoume e pasei un bo
rato lendo!
Sen comentarios
Publicar un comentario