Comentario de Ana Catro
A esmorga
Vicente Risco
Galaxia
Este
libro tívome en vilo ata o último momento. Todo comeza cando os tres esmorgantes
deciden ir un día de festa. Un día para moitos moi longo pero para eles curto xa que
fan unha gran cantidade de cousas.
A acción non decae en
ningún momento da historia e os personaxes están en continuo movemento polos distintos
escenarios da novela. Unha novela que ten fins didácticos e que para min é un dos
libros que máis me gustou, un deses, que a pesar de que o leas cen veces sempre che fará
a mesma ilusión como aquel día no que sentiches que todas aquelas palabras formaban
unha perfecta historia.
Eu recoméndolle este
libro a todas aquelas persoas que aínda non sabían da súa existencia porque, a
pesar de ser un clásico, ten matices que fan que semelle actual.
Sen comentarios
Publicar un comentario