Comentario de Antía Iglesias
Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco
Comezo a ler e xúntanse
moitas cousas. Primeiro que aparece outro idioma descoñecido para min, e iso xa me fai
pensar que non me vou enterar de moito. Logo que hai intervencións e aparecen falando varios
tipos de persoas e parece máis complicado.
Nas primeiras páxinas non
me resultou doado comprender de que trataba pero canto máis profundaba cara ó final
xa me fun percatando dos sucesos.
O diálogo que intenta
manter o Sebas coa Porca e o cariño que lle colle paréceme moi
gracioso. Non sei se en
verdade existe a Porca ou é algo causado pola imaxinación do personaxe
despois de levar un tempo
sen durmir.
En si, non me pareceu moi
entretido porque non contaba moitos acontecementos.
Sen comentarios
Publicar un comentario