ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/12/12

Cochos

Comentario de Eva López Troitiño 


Cochos
Vidal Bolaño
Sotelo Blanco


Este libro trata claramente o tema da emigración dun galego a Francfort, Alemañan no maleteiro dun coche. E fala da vida dos emigrantes clandestinos onde teñen que vivir en sitios precarios. No caso do protagonista vivía nun cortello cunha porquiña á que lle puxo de nome "Rosiña" e ata a bautizou cunha botella de viño durante o encerro. Tamén trata o tema do medo á morte, onde o protagonista só se acorda da súa familia e amósalle a unha porquiña, Rosiña, os regalos que lle comprou aos seus fillos. 
Non me gustou nada este libro e fáiseme moi dificultoso a hora de ler, xa que engádelle intervencións en alemán. Tamén porque o principio da obra dá a opinión da xente que vivía ese suceso e para o meu gusto tería que engadirllo ó final.

Sen comentarios