Comentario de Rebeca Belay Martín
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Uff! Que dicir
despois do que acabo de ler! A verdade é que me custou un pouquiño ao principio,
pero nunha vez empezado, non puiden esperar máis dun día para rematalo. É un
libro que me gustou moitísimo e que recomendaría a toda a xente, aínda que é
bastante groso, lese con moita facilidade.
Unha cousa que
me chamou a atención é que nun capítulo
está a contar unha historia, e no seguinte fala, por exemplo, da historia do
irmán de Mariña.
Este libro tamén
combina un pouco a historia de España para que se entenda en que contexto vivía
o pai de Mariña.
O libro resultou ser tan fantástico e fermoso
como Gracia afirmou.
Sen comentarios
Publicar un comentario