Comentario de Lucía Pérez Vázquez
Os fillos do mar
Pedro Feijoo
Xerais
Ao principio este libro non me atraía moito,
quizais polo groso que era, pola letra pequeniña que tiña, etc. Pero unha
vez metida na historia foime enganchando con aspectos como os detalles de
humor que tiña algunas veces o protagonista Simón, o proceso de
investigación levado a cabo, a ambientación real da historia, entre outros.
Algo que chamou a miña atención positivamente
era como Mariña e mais Simón se ían namorando pouco a pouco.
Recomendo o libro pois, a pesar do seu número
de páxinas, a súa historia engancha.
Sen comentarios
Publicar un comentario