Comentario de Yolanda López Villar
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Día 1:
O primeiro día que empecei a ler este libro non o entendía moi ben, lía e non comprendía a historia, así que só lin o primeiro capítulo.
Día 2:
Cando empecei, foi coma se me enganchase, o libro envolvíame, cada vez que lía sentíame no corpo da protagonista, entendía como se sentía,o mal que o pasaba e ata houbo momentos nos que me sentín impotente por non poder cambiar a historia... Lin ata o capítulo 16.
Día 3:
Hoxe remateino. Só teño unha palabra: fantástico. Foi un dos mellores libros que lin, a historia fíxome emocionarme, enfadarme... O final cambiaríao, claro, pero recoñezo que é lóxico que suceda así. Nunca un libro me fixera adentrarme tanto.
E recoméndollo a todo o mundo!
Sen comentarios
Publicar un comentario