ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

26/04/10

A praia dos afogados

Comentario de Raquel Rodríguez Vázquez


A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia



Para comezar, teño que dicir que este libro é un dos mellores que levo lido.
Unha das cousas que máis me gustou foi a trama, as voltas que se dan. O tema principal pareceume apaixoante, pois é moi interesante como ao ir tirando do fío pouco a pouco vanse descubrindo máis cousas e o que nun principio semella indiferente ao final acaba sendo importante.
Outra das partes que encontro positivas son os diálogos, que lle confiren maior realismo e axudan a maxinar os personaxes. O autor aquí acerta con eles posto que son moi naturais.
Por outra banda teño que dicir que un dos personaxes que máis me gustou foi o aragonés Estévez, pois o xogo que dá este na obra é moi relevante, polo humor que aporta, con ese toque de graza ao non comprender o xeito de ser dos galegos nin os seus costumes.
Gústame Leo Caldas pola súa astucia, o seu temperamento e as súas gañas de descubrir quen matou a Caselo, traballando incansablemente día e noite. Ocorreu que me convertín nel, eu tamén pescudaba quen podía ser o asasino.
Creo que se caracteriza moi ben o xeito de sermos os galegos. Gústame recoñecer as rúas de Vigo, as paisaxes mariñas, os pratos típicos... O autor esmérase por axeitar a realidade galega.
Para finalizar, o único que podo dicir é que foi un libro moi entretido e que animo a toda a xente a que o lea, pois só con comezar a ler a primeira páxina o lector queda enganchado ata rematalo.

Sen comentarios