ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

02/06/09

Comedia bífida


Comentario de Sonia Salgueiro Brea

Comedia bífida
Manuel Núñez Singala
Galaxia

Divertinme moito lendo este libro pois as historias ademais de insólitas e interesantes están analizadas desde outro ángulo, desde outra perspectiva.
Con humor fannos ver un problema que está latente dende hai moitos anos, ponnos ao descubert unha serie de prexuízos que acompañan unha parte dos galego-falantes, e sen abandonar esta parte humorística ensínanos diversos xeitos de enfrontar a situación.
O libro constitúe tamén outra forma de ver e entender a morte, quitándolle esa parte de escuridade, medo e tristura. Ata semella que o inferno poida ser un lugar sorprendente, nada semellante ao que del nos contaban, pois o seu xefe parece calquera cousa menos o demo.
O certo é que de cando en vez apetece ler libros que fagan desconectar un pouco e que mentres os les fan pasar un anaco de tempo moi agradable e que logo cando reflexionas sobre el daste conta que é unha acertada crítica a unha parte da sociedade galega.

3 comentarios:

Laura Vázquez Gallardo dixo...

Boas:D!
A parte que máis me gustou foi cando fixeron unha especie de representación cos alumnos qe elixiron dos que foran ver a obra . Esta parte foi así a máis divertida . Polo demais , non estivo mal , o que pasa eque non se escoitaba ben , e polo tanto de moito non nos enteramos. Aínda así, víase ben que o tema principal era o uso e o desuso do galego en Galicia .

Jessica Álvarez Álvarez dixo...

hola:)
bueno pois da obra o que máis me gustou non foi algo en concreto se non os momentos de risa e onde máis nos ríamos.Os personaxes fixérono moi ben pero non berraban o xusto como para que se escoitase,porque nos estabamos sentados nunha esquina e apenas oíamos o que dicían,pero estivo moi entretida e entendeuse ben o tema principal.
saúdos!!

Carmen González Varela dixo...

A obra critica a situación da lingua galega na nosa comunidade.Gustoume porque trata o tema dunha maneira divertida,de forma que non se fai aburrida.Tamén me gustou pola boa interpretación dos personaxes,sobre todo a do demo.