ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Luis Segade Penela

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Desde que comecei a collerlle o fía á historia, o libro gustoume. Gustoume como o autor plasma a forma de vida, costumes da xente da India, o radicalismo da relixión punxabi.
Paréceme que hai erros de tradución, pero creo que é un libro moi recomendábel para saber doutras culturas e entreterse.

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Noelia Rosende López


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Comezo dicindo que o libro gustoume moito xa que relata unha historia de amor fermosa; aínda que tamén relata feitos brutais como as palizas que recibía Manny ou o dos casamentos amañados. A min este tema dáme moita rabia porque hoxe en día en moitos lugares e en moitas relixións séguese a realizar isto e paréceme rastreiro que dúas persoas se teñan que casar sen coñecerse de nada e sen sentimento ningún, só polos beneficios económicos que poidan ter os pais ou as persoas que concertan ese matrimonio.


Tamén me parece importante sinalar o racismo e o machismo que existen nese tipo de relixións, de como as mulleres son sometidas ó mandato total do home e como no caso deste libro creo que se deixaban someter elas mesmas (polo menos a nai de Manny).

Teño que engadir, que o final desconcertoume bastante, sospeitaba que el non casaría, pero esperábame que volvese con Lisa; aínda así non estivo nada mal.


18/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Mateo Cornado


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



Paréceme unha salvaxada o que lle fan ao rapaz.

A familia que non quere estar no mundo moderno cando seu fillo, que ten outras ideas, moito máis abertas, si o quere facer.
Non me gusta o trato que lle teñen os demais, xa que a familia punxabi o único que debe importar son os cartos, xa que non se quere que estuden, porque sen estudos tamén serás algo grande segundo a súa filosofía.
Outro trato malo que notei é que un pai debería axudarlle ao máximo posíbel ao seu fillo, que neste caso non ocorre para nada.
Dende logo, o que sentín foi unha gran tristura pola falta de liberdade do rapaz, que nunha vive baixo unha ditadura.
Aparte de que o libro é entretido, tamén aprendes unha cultura da que eu nunca oíra falar.


17/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Begoña Quinteiro Latas


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco




Non me gustou o libro polo final.

Cóntanos o que acontece noutras culturas coas vodas, coa falta de liberdade, co dominio absoluto dos pais sobre os fillos.

16/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Eva Cacheda Pando

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



A min este libro non me gustou pola súa historia, xa que conta como uns pais tentar forzar ao seu fillo a algo que el non quere.

Eu prefiro os libros onde haxa aventuras e algo de humor.

15/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Antía Iglesias Otero

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai
Sotelo Blanco



É unha historia impresionante que reflicte a situación da sociedade punxabi nunha sociedade europea, desenvolvida, como o é o caso de Gran Bretaña.
Parécenme moi interesantes as historias da súa visita á India e como Mangit, o seu tío e Mohan argallan para que Mangit poida fuxir a Inglaterra. Tamén as tradicións das vodas punxabis e como logra desfacerse de todo e deixar atrás a toda a súa familia.
Sorprendeume o final, no que a pesar de loitar por estar con Lisa acaban afastados.

14/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Enma Vázquez Rivas


Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gustoume o libro xa que non é un libro co que ti te poidas identificar cos personaxes.

O libro vai dunha rapaz de cultura punxabi. Vainos relatando a súa vida,pero fai un fincapé entre os 13 e 17 anos. Na súa cultura os pais deciden con quen teñen que casar os seus fillos,pero el non o fará.

Recomendo este libro xa que che axuda a compreder o que están a vivir outras persoas doutros pobos e outras culturas.

13/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Sara Vallo Munín

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco


Gustoume moito o libro. Pareceume moi interesante e entretido.

No libro podese apreciar moi ben a sociedade dos punxabi e da India e como se completan ou compaxinan a vida actual coa vida tradicional e o importante que nesta última é perservar todo e ser unha boa persoa (ou un bo punxabi, como din no libro) por encima de todo, ata por encima da liberdade e felicidade dun.

Por iso, admiro moito a valentía e coraxe de Manny, ao rebelarse e loitar para poder acadar a súa felicidade, porque el sabía que iso só pasaría se tiña o dereito de vivir a súa vida. Non como lles pasou aos seus irmáns.

Pareceme totalmente incorrecta a postura do pai, (a nai practicamente está ausente, algo que me chamou moito a atención, pero que non me estrañaba), non sei como foi capaz de enganar de tal maneira ao seu fillo, e como os seus irmáns o permitiron.

En resumo, este libro nos presenta a "incompatibilidade" dalgunhas sociades.

12/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Marcos González Fernández

Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco



Gústame moito do libro a sensación de realismo, que vén dada sobre todo polas palabrotas e vulgarismos que usan os personaxes, e pola boa adaptación que fixeron os tradutores deses vulgarismos, xa que supoño que será difícil trasladalos ao galego.
Atopei moi graciosa a vinganza da páxina 168.
O libro pareceume moi bo, porque é fácil de ler, entretido, polas ensinanzas que nos dá, divertido, realista... A pesar de certos matices que non me gustaron.
Creo que deste libro debemos aprender que cada un é responsábel das súas decisións, que ninguén pode escoller por un, nin obrigar a tomar unha ou outra decisión, e que cada quen debe definir as súas prioridades (que normalmente non coinciden coas doutras persoas) e non por iso é un egoísta; opino coma o autor, polo que pon no libro.

11/11/08

Un casoiro ben mal amañado

Comentario de Lorena Villar



Un casoiro ben mal amañado
Bali Rai

Sotelo Blanco


Pareceume un libro moi interesante.

Gustoume moito porque unha páxina de lectura pedíache outra e estaba desexando chegar ao final.

Parece que este libro reflexa moi ben que debemos ser nós os que tomemos as nosas propias decisións, aínda que moitas veces non poidamos.