Comentario de Alba Gómez Barros
A soidade do asasino
Carlos G. Reigosa
Xerais
Unha dialéctica entre a
vítima e o asasino na que os dous comezan a falar e sucede algo inevitable,
deixan de ser dous descoñecidos. Pouco a pouco van descubrindo as súas
verdadeiras identidades e isto fai que a acción demore ata un final incerto.
Pode o asasino deixar de selo? Pode a vítima evitar o seu fatal destino?
Cómpre resaltar que este
libro enganchoume na súa lectura dende un primeiro momento, xa que me mantivo
nun estado de intriga dende a primeira páxina. Durante todo momento tiven unha
gran curiosidade por un final que dende a miña perspectiva variaba a cada paso
que transcorría a historia.
Ademais da trama
principal, parecéronme moi entretidas as historias secundarias que lle daban
unha explicación ao enfrontamento entre a vítima e o asasino.
O feito de que
este libro tivera dous personaxes paréceme un punto positivo, xa que logra
narralo mellor e dunha forma incrible.
En conclusión A
soidade do asasino gustoume moito e pareceume un bo libro. A pesar de que
as pezas teatrais e o misterio non é o meu, o autor logrou espertar o meu
interese.
Sen comentarios
Publicar un comentario