Comentario de Cristina Guerra Vila
Coma unha áncora
Iria Collazo
Galaxia
Un libro
distinto, chamativo, que te cativa dende un principio, que chama a atención
pola súa peculiaridade.
Vainos
contando as diferentes historias dos seus protagonistas, Manuel e María,
namorados dende cativos, e de Amalia, unha anciá cun pasado moi duro. O que ó
principio parecía unha típica historia de amores e naufraxios, resultou ser
unha novela de misterio, de loita. Unha novela onde se xuntan a realidade e a
fantasía, onde se entremesturan a morte e a vida, onde se forma unha realidade
máis alá da sabedoría humana, xogando co descoñecido do universo.
Unha
novela de misterio e de introspección. Historias que flúen a través de pequenos
detalles que se converten en escuros secretos do pasado que tornarán nun
presente do que non poderán escapar.
No ámbito
persoal, foi un libro que realmente me chamou a atención. Nunca me considerei
partidaria da “fantasía”, pero con este de seguro que fixen unha excepción. Tamén
me resultou peculiar a maneira na que está escrito, ese constante cambio do
pasado ó presente que me fixo estar completamente absorta cando o lía.
Sen comentarios
Publicar un comentario