Comentario de Daniel Gavieiro Suco
Morning Star
Xosé Miranda
Xerais
O principio
deste libro resultoume un pouco aburrido pero a medida que vas lendo o libro
este convértese nunha historia repleta de accións, crimes, sangue, amor e odio,
coitelos, persecucións, paixóns e esperanzas.
O
protagonista é un rapaz como calquera de nós, pero debido á época na que vive
tense que defender dunhas certas circunstancias que lle cambian a vida por
completo e ten que traballar xunto cos seus pais porque nos sabía ler. Unha
desas certas circunstancias foi a morte da súa nai, que debido a ela foi
cometendo algunhas accións que o foron levando cara o fracaso e en ocasións a
situacións arriscadas e perigosas, pero aínda así el afróntaas de forma
valente.
A acción
deste libro transcorre en lugares de Galiza, sobre todo en Pontevedra, e
descríbeos dunha forma que parece que nos traslada a ese lugar.
Ao longo
deste libro mantense a intriga que fai que o lector o queira seguir lendo, pero
o final pensei que ía ser doutra forma, e dicir, que non fora un final tan
claro. A medida que vas lendo o libro dáste conta de que algunhas historias que
se contan e tamén algúns personaxes non eran reais. Este libro fíxome ver que
en épocas pasadas moitas familias pasaban fame e para poder vivir roubaban e
convertíanse en delincuentes e bandoleiros para poder saír desa pobreza a que
estaban sometidos.
Foi un libro
que me resultou moi doado de ler, grazas ao seu léxico sinxelo e tamén foi un
libro que me gustou moito e que volvería a ler tantas veces como puidera.
Sen comentarios
Publicar un comentario