ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/16

Agosto do 36



Comentario de Xosé Manuel Fernández


 
Agosto do 36
Xosé Fernández Ferreiro
Xerais
 
 
 
"Agosto do 36" a obra escrita por Xosé Fernández Ferreiro é unha obra baseada na Guerra Civil en Galicia.
Pasei de ler o libro "Un animal chamado néboa" de Ledicia Costas (inspirado na 2ª Guerra Mundial) a ler "Agosto do 36" , que neste caso nos fala da Guerra Civil. Tras ler o libro de Ledicia quedei con ganas de máis, e por esa razón decidín escoller esta peza.
A historia sitúase en Galicia, concretamente en Ourense. Os protagonistas principais son Sara e Gregorio, un matrimonio de mestres que se coñecían dende a infancia e que son perseguidos polos tan populares "falanxistas" que prometen limpar España matando a todos os comunistas. A historia céntrase nesta parella e nun dos falanxistas (Manuel o Garabís) que tirando máis da vinganza (Cando eran máis novos el e Gregorio pelexaran por Sara) que de exercer a súa "profesión" obsesiónase con eles e non se deterá ata cumprir o seu obxectivo.
A historia en si paréceme moi interesante, pero se por algo destaca esta obra e pola tremenda capacidade que ten para introducirte na historia, ademais de que está envolta polo medo, o terror e a violencia. O autor ten unha gran capacidade para describir con precisión todo o que ocorre, o que fai que te enganches bastante a esta lectura. Tamén che mostra todas as desgracias que ocorreron durante esta época, na que a poboación por temor a ser castigada ou asasinada aceptaba con plenitude a dictadura instaurada, algo que me causou certa lástima xa que non podían loitar polos seus ideais. Aínda que unha cousa que non me gustou deste libro foi o final, eu son unha persoa á que lle gustan os finais inesperados, ou polo menos felices, sen embargo nesta historia xa se nos conta no inicio como ía acabar, e precisamente non é que acabara moi ben. A pesares diso non quita que a historia sexa admirable e cause certo respeto por aquela época. Sen dúbida unha peza que recomendo a aquelas persoas as que lle interese saber un pouco máis da Guerra Civil aquí en Galicia xa que tivo un forte impacto para a cultura galega.
 

Sen comentarios