
Unha primavera para Aldara
Teresa Moure
Xerais
Unha primavera para Aldara non foi para nada unha historia aburrida,
predicible ou común, senón ata o de agora a mellor obra de teatro que lin
endexamais. Gustoume case todo desta gran obra, dende a enorme crítica que fai
da sociedade patriarcal, ata cada unha das pequenas vivezas das monxas do
convento. A actitude das monxas e moitos conflitos dos que se amosan, lévante a
reflexionar sobre infinidade de cousas, sobre as que moitas veces antes pensaramos,
pero nunca tan detidamente. Para falar
de toda a información que che aporta ao longo da historia este libro, faría
falla escribir un tan grande coma el. O personaxe que máis me gustou foi sen dúbida
o de Aldara, a abadesa do convento, porque comparto con ela a maioría das súas
opinións e as súas reflexións, ademais disto, paréceme a personaxe que máis se
preocupa polos demais. O personaxe de
Elvira paréceme moi importante neste relato, porque representa a muller
maltratada polo seu home que sen embargo
segue a defendelo, dicindo que el non sería capaz de facer dano a unha mosca,
só que cando está bébedo... Todas as personaxes son esenciais na obra e cada
unha ten o seu papel e a súa pequena crítica, pero dos que quedan cabe resaltar
a personaxe de Nuno (Nuna), un cabaleiro(a) que chega o convento malferido e ten relacións con Aldara ,mais, o
verdadeiramente importante desta personaxe, é que se ten que facer pasar por
home para loitar a favor de Galicia nas Guerras Irmandiñas. En resumo sorprendeume
e agradoume moito esta obra teatral.
Sen comentarios
Publicar un comentario