Comentario de Telmo García
Engurras
Paco Roca
El Patito editorial
Este pequeno cómic gustoume
moito porque faite ver que os anos pasan para todos, e que as súas
consecuencias están aí esperando por nós.
A
Emilio diagnostícanlle alzhéimer e dende entón todo cambia para el, xa que a
enfermidade obriga aos seus fillos a internalo. Comeza nese momento unha loita
entre o Emilio que foi e o Emilio que agora é; entre o home activo do
pasado e o home perdido no olvido do
presente.
Esta
obra invita a reflexionar sobre o paso do tempo, sobre o valor da amizade e a infinita soidade que
viven algunhas persoas maiores. Cando tes quince anos non pensas en nada do que
reflicte este cómic, por iso me encantou lelo, porque me abriu os ollos sobre a
vida dos nosos vellos.
Tiven
cando o lin unha sensación entre doce e amarga, un gústame e non me gusta ao
mesmo tempo porque o libro mostra as facetas máis crueis da vellez como a falta
de cariño dos fillos hacia aos pais, os abusos da xente cos velliños e a falta
de compañeirismo que a personaxe de Miguel simboliza claramente. A situación
que vive a velliña Rosario, vítima do abuso de Miguel, anoxoume moito.
Sen
embargo, dentro das miserias de sentimentos que mostra o libro, tamén hai unha
mensaxe positiva: o amor e a compañía fan máis levadeira a vellez. Ata un malo
coma Miguel acaba buscando un amigo e sacrificando todo por estar con el. Ao
final da vida parece que o único que nos importa é non estar só e sentir que alguén nos quere.
Un
cómic que eu recomendaría para xente nova e xente vella.
Sen comentarios
Publicar un comentario