Gustoume moito este libro, xa sabía que este autor era (para
min) un dos mellores poetas galegos, mais outra vez neste libro superouse.
Encantoume a sutileza coa que critica na maioría dos seus poemas, a violencia
de xénero, pero incluso máis aínda como el tamén se declara feminista e
defensor das mulleres. Parece mentira que na sociedade do século XXI teña que haber libros de crítica contra
un problema tan grande e que este siga ocorrendo. Admiro de verdade a
Carlos Negro por declararse feminista e crear una obra coma esta, penso que se
todo o mundo fixera o mesmo e dera un paso adiante en favor da muller,
poderíase erradicar ou cando menos diminuír, o número de mulleres mortas a man
de homes.
Se tivera que escoller un par de
poemas serían sen dúbida: "O muro" E os das múltiples interrogacións retóricas
Sen comentarios
Publicar un comentario