Comentario de Christian Domínguez
Masculino singular
Carlos Negro
Xerais
Neste libro amósasenos como Carlos
Negro racha para sempre co mito da virilidade de que os roles non deben estar
preconcibidos: os nenos de azul e as nenas de rosa, os nenos xogar con camións
e as nenas con bonecas.
Iso é o que non debe ser, e así o
plasma Carlos Negro, autor do libro. É unha reflexión sobre o que supón
ser home hoxe en día: Dende o “home macho” ata o heterosexual tenro, afectuano
e non predominante.
Como se consegue iso? Grazas á
educación, a rachar cos tópicos educativos e culturais a ter contacto co
feminismo. Todo isto dende poemas curtos ata poemas visuais ou caligramas, con
certa ironía sobre todo no nome dos poemas << just for men >> ,
<< código de barras >>. No libro está claro o que quere o autor,
concienciar o home de ser mellor persoa
e ensinar todo aquilo que ten de muller.
Sen comentarios
Publicar un comentario