Comentario de María Rodríguez
Botchan
Natsume Soseki
Rinoceronte
“Botchan” de Natsume Soseki é o primeiro libro
que leo deste autor. Conta as dificultades dun xove profesor de Tokio que
traballa por primeira vez nunha escola
rural, nunha illa. O protagonista é un personaxe impulsivo, cabezota pero tamén
idealista e inocente. Eu creo, que o seu carácter ven marcado pola infancia que viviu. Botchan, despois da morte
de súa nai, a relación co seu pai non é boa pero vese que tampouco lle preocupa.
Tivo o apoio e sobreprotección de Kiyo. O relato empeza coas súas travesuras de
neno deixando ver o gran cariño mutuo que tiñan entre a coidadora, Kiyo, e Botchan, a falta do dos
seus pais.
Unha vez que
acepta o traballo de profesor de matemáticas, non só é vítima das trasnadas dos
seus alumnos e alumnas, senón que tamén se enfronta a unha mala relación cos
seus compañeiros. As relacións profesionais entre o profesorado atópase con moita
falsidade. Barchan, nada mais chegar ao colexio, empeza a pórlles motes
relacionados co seu físico a todo o profesorado sexan ou non amigos. O
protagonista, por ser de Toquio, crese superior aos provincianos.
A súa inexperiencia e a súa dificultade para
expresar as diferenzas fai que haxa certa crispación e que teña problemas para
adaptarse tanto ao alumnado como aos seus compañeiros.
Nesta novela
percíbese certa dignidade, honradez, nobreza pero por outra parte tamén invita
a reflexionar sobre a hipocrisía e a envexa na relacións entre os adultos.
A lectura
desta obra é sinxela e divertida. Encontrei escenas moi entretidas e graciosas
polo que me fixo amosar o sorriso, aínda que as veces tamén me daba moita
pena Botchan.
Recoméndoa!
Sen comentarios
Publicar un comentario