Comentario de MAría Rodríguez
Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
Conduce rápido
Diego Ameixeiras
Xerais
Conduce rápido, de Diego
Ameixeiras, é unha novela negra. Está estruturada arredor dunha trama principal
e tamén varias secundarias que rematan encaixando entre sí, xa que todas elas
xiran ao redor do mesmo tema: o narcotráfico.
Esta novela conta o que pasa
en tan só cinco días, cada secuencia está marcada pola hora na que acontece.
Está ambientada en
Compostela, en lugares recoñecibles, que vai circulando a un ritmo rápido, tal e como di o título da novela.
Os protagonistas son dous irmáns:
Erika e Samuel. Ao principio Erika parecía que tiña máis sentido ca seu irmán,
pero logo non é así.
Os irmáns intentan sobrevivir, querían saír da miseria, buscar outro
horizonte, deixándonos ver unha porta de esperanza.
A aparición dun paquete de
cocaína será unha boa ocasión para que os dous irmáns, que viven na
marxinalidade en Santiago, busquen unha solución ás súas vidas liberándose da
delincuencia.
Para min, o
fundamental da historia é o encontro entre Erika e Ventura. No fondo, a parte de
ser unha historia de supervivencia, é unha historia de amor.
Os temas presentes na novela
son: a marxinación social, o narcotráfico, a violencia, o tráfico
de droga e o branqueo de cartos.
A
profundidade que fai o autor desta obra, tanto nos personaxes como no espazo
onde se leva a cabo, conseguiu que esta novela se se me fixera moi entretida.
Recoméndoa.
Sen comentarios
Publicar un comentario