Comentario de Chritian Oro
Sete caveiras
Elena Gallego Abad
Xerais
De novo elixín un libro de misterio, unha trama dun
asasinato, dun cadaleito no mar que
aparece aboiando no mar de Vigo e que
leva un xoguete no peto. Ese xoguete está relacionado con outros asasinatos.
Unha periodista
entra na trama e vese na obriga de chegar ao fondo do asunto e amosar a
impotencia do periodismo na sociedade.
Ela, grazas
á súa cámara, intentará chegar antes de que sexa tarde tirando polo fío do
crime.
O raro da
novela e o que me chama máis a atención
porque non me pareceu crible é o tema dos xoguetes.
Gustoume moito que de novo aparecese Vigo na trama e o raro mar como nas novelas de
Villar. Que sexa curta, rápida, e de fácil lectura aínda que o final semelle
demasiado rápido.
Son uns
asasinatos case perfectos na que o criminal marca os tempos é todo unha
vinganza do pasado... pero non conto máis.
Sen comentarios
Publicar un comentario