A noite
enriba, de Diego Ameixeiras, é unha novela negra relacionada coa vida dun
escritor chamado Ricardo Barros. Aborda asuntos como a soidade do escritor, as
súas dificultades para sobrevivir e os seus sufrimentos.
O
protagonista desta novela, Ricardo
Barros, tamén é escritor de novela negra;
este escritor que, homenaxea a David Goodis, conta asuntos polos que vai
atravesando o protagonista da historia. Entre as dificultades económicas, a soidade do
escritor e os padecementos que sufre, tamén manifesta a obsesión do escritor por
rematar a obra empezada en Oregón e que o leva a cruzar o charco para tentar
rematala en Filadelfia, onde nacera
Goodis e tamén é protagonista do seu libro,
co que está realmente obsesionado.
Todo isto transcorre
mediante fragmentos entrelazados que están simbolizados entre o espazo familiar
de Oregón e Filadelfia.
Como en toda
novela negra, e así acontece nesta, non podían faltar policías corruptos,
asasinatos e traficantes de droga.
A noite
enriba é unha novela para gozar, que engancha e invita a manter a tensión ata o
final, pero na que tamén, polo menos eu, tiven que volver a reler de novo
algunha pasaxe para poder responder as preguntas que eu mesma me facía.
Dende o meu
punto de vista, esta novela gaña en xiros inesperados, cun final ben logrado e
imprevisible. Gustoume moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario