ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/12/15

O cabo do mundo

Comentario de Vanesa Lalín Pousa



O cabo do mundo
Xabier Quiroga
Xerais



O título deste libro “ O cabo do mundo” pareceume moi atractivo, pensei que sería unha historia de aventuras, con intriga, pero resultou diferente o que eu me imaxinara.
Cando o empecei a ler resultábame unha historia moi monótona, pasaba páxinas e máis páxinas, ata que por fin empezoume a resultar máis interesante e fácil de ler, aínda que me transmitía ideas diferentes, por un lado estaba o protagonista, Carlos Pereira, un mestre que se tiña que enfrontar a súa enfermidade terminal, pero á vez conseguía sacar forzas para así descubrir unha parte do seu pasado que o estaba atormentando, levando ao longo da historia a moitas situación que o poñían ao límite da vida. Pero por outro lado isto todo estaba envolto nun ambiente onde debido a certos acontecementos que pasaron na guerra do 36 todo se convertía en represión, é dicir a represión franquista, onde se deixa ver como o pder político xunto coas “escuadras do amencer” facían que o destino de calquera persoa cambiase para sempre, debido ás torturas, violacións, asasinatos... que se producían dunha forma moi inxusta.
Así Carlos, o protagonista, quería coñecer ese pasado sobre o seu pai, eu penso que o atormentaba á vez que lle daba medo descubrir novas cousas que ao mellor non lle ían gustar, pero a pesar de todo iso coa axuda dun amigo descubriu toda a verdade, que aínda que foi moi dura, el sentiuse aliviado.
Por outro lado o libro fala de sitios da Ribeira do Miño, de Chantada, Lugo, Monforte... que como son coñecidos para min resultábame máis interesantes.
Como resumo podo dicir que este libro  me aprendeu a admirar máis a esas persoas que aínda que estean en situacións moi complicadas son capaces de saír unha e outra vez adiante, aínda que neste caso o protagonista rematara dunha maneira triste, é dicir, o seu cancro levouno a morte pero el, sobre todo neses últimos tempos loitou ata a fin .
Con todo isto deime de conta do inxusta que pode ser a vida con calquera de nós, só é preciso estar no lugar e no momento concreto para que isto pase.

Sen comentarios