ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/11/15

Unha puta percorre Europa

Comentario de Franciso Rodríguez


Unha puta percorre Europa
Alberto Lema
Galaxia



O libro de Unha puta percorre Europa era o libro desexado, o libro que captou dende o primeiro momento que oín o seu peculiar título a miña completa atención, pola miña mente só pasaba unha posibilidade, lelo.
Xa no seu inicio atraeume pola súa gran sinxeleza, que sempre facilita a inmersión dentro da trama.
A súa principal característica que destacaría e que foi unha das razóns do meu estado de ánimo tan positivo foi o seu gran carácter reivindicativo, xa que non só defende a figura da muller enormemente senón que tamén realiza unha crítica sobre a sociedade poñendo o exemplo das moitas ocasións en que a muller vese obligada a vender o seu corpo pola necesidade de cartos. Outra cousa que me encantou foi a simboloxía das acción das chamadas "putas asasinas" xa que dende o meu punto de vista reflicten o paso que todas as mulleres que sofren unha situación de machismo, moi de moda por desgraza nesta época, deben dar, o paso de erguerse, erguerse contra os homes que teñen a visión das mulleres coma simples obxectos e e ese levantamento é para dicir " aquí estamos nós", aínda que sen radicalizar ata o punto que o fan as protagonistas.
Ademas do enorme sentimento que trasmite, tamén ten esa pinga de acción que todo libro debería ter, que comeza no erro destas "asasinas" tan peculiares matando por equivocación ó fillo dun importante narcotraficante e segue coa posterior persecución deste ás primeiras e da policía a todos eles. Esta equivocación provocou o asasinato por parte do narco de compañeiras de profesión das asasinas o que lles inspirou un sentimento de culpa e que a min trasmitiume un sentimento de tenrura.
O único pequeno pero que lle poría a este fermoso libro é que o final, aínda que parecía sinxelo, non conseguin entedelo á perfección e que me deu bastante rabia por non poderlle poñer a guinda final a este libro.

Sen comentarios