ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de Francisco Rodríguez

Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
"Madonna e outros contos de inverno" foi un libro que non me deixou ese bo sabor de boca que esperaba del. Debo admitir que Manuel Rivas era un autor do que xa tiña ganas de probar unha das súas obras e con este libro non acabou de encher as miñas expectativas. Este libro deixoume un sabor agridoce, con contos con moi diversos temas pero conectados con un fío conductor como é o Nadal e a época invernal con algúns moi moi doces como o de "Okay", o de "O carteiro de Papá Noel" ou o de "O partido de Reis" e con contos bastante agres como o de "O amor das sombras", o de "O namorado de María" ou o de "Madonna".
Dentro destes contos moi doces hai un que, baixo o meu punto de vista, está por enriba dos outros dous, este é o de "O partido de Reis" xa que creo que foi o único que me conseguiu transmitir unha mensaxe completa, á vez ser entretido e bastante emotivo. Este conto pareceme o claro exemplo de superación xa que un neno con síndrome de DOWN é capaz de cumplir un dos seus soños e pareceríame o perfecto para contarllo a persoas que están a pasar un momento complicado nas súas vidas, para transmitirlles a mensaxe de que nunca se rindan. 
Os outros dous contos doces clasifiqueinos desta maneira máis por ser entretidos que por transmitirme unha mensaxe, xa que poucos contos acadaron este cometido. En "Okay" e no conto "O carteiro de Papá Noel" acabei contento da súa lectura xa que entretivéronme moito e non me importaría ter que ler unha segunda parte destes contos xa que me quedei con ganas de máis.
Desgraciadamente, este ámbito de relatos agres é maior ca o de doces polo que fixo que este libro parecese interminable. Nembargantes, houbo un conto que o clasificaría como o menos agre que é o de "O namorado de María" porque eu entendín unha mensaxe pero non estou nada seguro que fora o que o autor quería transmitir, xa que non tiña unha interpretación moi sinxela. Pero entre "Madonna" e "O amor das sombras" fixeron desanimarme bastante, o feito de ser un seguido doutro tamén creo que axudou a provocar este sentimento e tamén de facer deste libro algo inacabable.
Tamén houbo contos como o de "A barra de pan" ou o de "A chegada de Ingrid" non é que me disgustaron pero non chegaron ao sentimento de gustar. Principalmente o primeiro si que se acercou máis a gustarme pero faltoulle algo.
En definitiva, un libro do que faría unha seleccion de contos para volvelo a ler, pois desta vez parecume demasiado pesado para ser unha lectura agradable como eu creo que debe ser.

1 comentario:

Christian Oro García dixo...

Hai neste libro unha chea de relatos con moita nostalxia, son oito relatos nos que se describe a uns personaxes moi característicos: un emigrante que regresa polo Nadal á súa casa onde pensa que aínda está a súa muller, un narcotraficante que quere cambiar de vida e un mozo con síndrome de Domn que é moi feliz.
Historias que se enchen de felicidade, esperanza cando chega o Nadal, aínda que a temática sexa a emigración, a soidade, as drogas, a guerra ou a insolidaridade...
En Madonna quizais me parara máis porque conta o día a día dos dos rapaces da aldea, que somos todos nós, o pórlle nome as vacas, darlles de comer, etc, é dicir a vida cotiá dun neno da aldea.