Comentario de Laura Mariño
Xuntos e máis nada
Anna Gavalda
Galaxia
É unha fermosa historia
cuns personaxes inesquecibles. Moitas veces, a verdadeira familia non é a que
se nos impón cando nacemos, senón a que nós mesmos eliximos durante a nosa
vida. Son familia as persoas que nos apoian, as que están cando as necesitamos.
Os protagonistas da novela
son fráxiles, por iso non son capaces de enfrontarse ao mundo por separado,
pero xuntos atopan a forza necesaria para facelo. Hai un gran cúmulo de
sentimentos nesta historia que se volve rancio contra o final, porén, esta historia
logrou conmoverme ao mesmo tempo que me resultou agradable e realista... cambiaría
o final para manter o sentimento do resto da novela.
Sen comentarios
Publicar un comentario