Comentario de Ánxela Barrio Varela
Moonkid e Liberty
Paul Kropp
Galaxia
Este libro
gustoume moitísimo porque trata de dous irmáns que se atopan na adolescencia e
se encontran nunha situación para reflexionar. Por exemplo a separación dos
seus pais, o maltrato escolar, o intento de ser máis popular...
A parte que
non me gustou nada deste libro foi cando os “amigos” de Libby a deixan de lado
porque penso que pase o que pase non o deberían facer.
Ootra cousa
coa que non estou de acordo é a revancha que tivo Ian con seu plan Operación Cromagnon xa que el non era
una persoa coma Elo Perdido para comportarse así.
Sorprendeume
moito o final debido a que imaxinaba que Libby marcharía vivir xunto coa súa
nai pero a verdade é que me gustou máis como acabou finalmente.
Sen dúbida
este sería un libro que recomendaría, sobre todo a persoas da miña idade porque
trata temas moi interesantes e que ocorren ás veces ao noso arredor.
Sen comentarios
Publicar un comentario