ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

31/10/15

Madonna e outros contos de inverno

Comentario de María Rodríguez González



Madonna e outros contos de inverno
Manuel Rivas
Xerais
  


O libro consta de oito relatos que tratan diferentes  temas pero todos se desenvolven no Nadal. Non me chamou moito a atención, xa que prefiro que trate unha soa historia, non varias.
O conto que máis me gustou foi “O partido de Reis” que trata sobre un rapaz chamado Félix que  ten síndrome de Down e que lle encanta xogar ó fútbol pero os seus compañeiros metíanse con el e nunca o deixaban xogar.  Cando tiñan algún partido fóra da escola, Félix sempre se presentaba pero nunca era convocado. O día de Reis tiñan un partido moi importante e faltáballes un xogador; pronto apareceu Félix moi entusiasmado disposto a xogar.  Aínda que foi un partido bastante complexo, Félix marcou o gol da vitoria e todos quedaron aparvados.  Encántame a actitude que teñen estas persoas, sempre contentas e loitando por conseguir un obxectivo. Este relato ensínanos a valorar ás persoas que teñen unha discapacidade.
O conto que menos me gustou foi “A chegada de Ingrid”. Non o entendín moi ben e pareceume un pouco aburrido.

1 comentario:

Tania Areán dixo...

Cando comecei a ler este libro, o primeiro conto non me gustou, e parecíame un pouco complicado de ler, pero a medida que fun lendo outros contos non me resultaba tan dificil de entender.
Houbo algúns contos que non me pareceron moi interesantes como "O partido de Reis" e algún máis. Pero en xeral gustáronme a maioría dos contos.