Esta obra de Herman Hesse narra a historia de Siddhartha,
o fillo dun brahman que comeza o seu propio camiño na procura do Atman. Entre
os Samanas, aprende que o coñecemento pódese transmitir; pero a sabedoría non.
Pasa de vivir na pobreza máxima a ser un rico comerciante. Fai de todo, proba a
carne, xoga… todo isto para encherse do Sansara e de novo continuar na procura
do coñecemento na soidade absoluta, escoitando o río e ao boteiro, un home que lle
di:``Todo flúe e retorna,
incluido tí´´. Noutra etapa volve atopar ao seu amigo
Govinda.
Na miña opinión esta obra do escritor alemán é moi realista pois reflicte a sociedade
hindú dos anos 20. Na historia mestúranse diferentes temas coma o amor con
Kamala, do cal nace un fillo, a amizade
con Govinda e a aprendizaxe de Vasudeva o ``barqueiro´´ pois ensínalle cousas
ao protagonista moi importantes. Foi unha obra moi amena de ler e de entender.
Sen comentarios
Publicar un comentario