As mil e unha noites
Vicens Vives
Vicens Vives
A obra “As mil e unha noites” representa unha visión do mundo
árabe.
O rei, despois de descubrir que a súa esposa lle é infiel,
chegou a pensar que todas as mulleres utilizaban a súa picaresca para enganar
os homes. Dende ese intre decide que casará cada noite cunha muller virxe e que
ordenará matala cando rompa a luz do día. Iso foi o que fixo ata que chegou
Sagrazad que lle relata ao rei un conto que non chega a rematar, este perdóalle
a vida ata o dia seguinte para poder saber o final da historia. Á noite seguinte
remata esa historia pero comeza outra e como chega o alba no conclúe o relato entón
a moza volve a ser perdoada.... así ata 3 anos.
Deste xeito a xove esposa do sultán Sahriyar é a personaxe
que serve como nexo de unión no libro cos relatos nos que prevalecen a aventura
e a fantasía de distintas tradicións.
Esta historia ensínanos
que existen moitas persoas que cometen erros, os cales producen moita
dor aos demais. Tamén se observa que non se debe xeneralizar na maioría dos
casos xa que hai persoas diferentes na maneira de actuar e de pensar. O mesmo
tempo tamén nos fai ver distintas formas de convencer ou argumentar cando
estamos seguros do que queremos.
Entre estes contos hai relatos con tradicións relixiosas e
outros cun contido bastante machista.
A min o conto que máis me gustou foi o de Aladino e a lámpada marabillosa.
Eu tamén vin a película que me axudou moito a entender o
libro. Teño que ser sincera, non foi dos libros que máis me entusiasmaron.
Sen comentarios
Publicar un comentario