Comentario de Cristina Costela Seara
Penúltimas
Tendencias de Carlos Negro é un libro que describe diversas situacións escritas
nun poemario, postas en bocas de adolescentes. Trata temas como o amor, os
estereotipos de hoxe en día, a moda… Fai unha crítica sobre como ten que ser o
aspecto dunha muller fashion e tamén
entra nas relacións sentimentais.
Eu
penso que neste libro fala unha rapaza que loita á súa maneira por un universo
de mozas libres. Esta rapaza quere un mundo no que a aparencia non sexa todo e
quede cuberta detrás da intelixencia, da razón e das características que fan a
alguén único.
Gustoume
moito como pensa a rapaza que fala, porque ela dá a súa opinión sen importarlle
o que dirán, é dicir, é unha muller que non ten costuras nos labios, tamén fai
unha crítica á sociedade machista e estereotipada, na cal unha muller sempre
debe estar guapa, maquillada, debe ter un corpo ideal... e iso, non é así,
temos que destacar pola nosa personalidade, pola nosa forma de pensar, non por
ser guapas ou feas.
Sen comentarios
Publicar un comentario