Comentario de Alberto Blanco
Nassima, á sombra dos talibán
Merçé Rivas Torres
Ir Indo
Nassima, á sombra dos talibán de Merçé Rivas Torres é un
libro que conta a historia de Nassima, unha nena de dez anos, e a súa familia
en Afganistán.
A autora do libro describe como viven as mulleres nun
país en guerra gobernado pr unha minoría (os talibáns ) que teñen un poder
absoluto sobre o resto da sociedade.
Este libro resultoume sorprendente porque trata a
ausencia de dereitos e liberdades que sofren algunhas persoas no mundo. Tamén
resaltaría o difícil que o pasan as mulleres nalgúns países onde as consideran
inferiores aos homes.
Por último, eu destacaría a valentía dos personaxes do
libro que arriscan a súa vida na procura da liberdade.
Sen comentarios
Publicar un comentario