Comentario de David González Sampayo
Silencio
Fran Alonso
Xerais
Silencio
Fran Alonso
Xerais
Esta historia de Fran Alonso gustoume
bastante, pero non tanto como A punta de pistola. O que máis me gustou de
"Silencio" foi que a narración ten, dalgún xeito, forma de
relato autobiográfico e está escrita en 1° persoa. Outro aspecto desta obra que
xa me gustara noutra obra de Fran Alonso, é a capacidade que este ten para
crear dúas historias nunha e enlazalas perfectamente.
Esta historia posúe, desde o meu punto de vista, un gran realismo, xa que a historia trata dun tema totalmente real, como son a crise económica pola que pasamos e sobre todo a falta de liberdade de expresión da que moitos carecemos debido a certos réximes políticos. Que non teñas traballo é deprimente, pero que non te poidas expresar libremente, é o colmo dos colmos.
Os xéneros principais desta obra son a intriga, un chisco de terror e suspense. Estes tres sentimentos vense avivados, sobre todo, cando o protagonista se atopa polas noites no seu desacougante piso, e escoita voces e ruídos que chaman aos espíritos, desde o piso dos seus peculiares veciños. Outra situación na que se poden percibir tanto terror como suspense, e tamén bastante asco; son os momentos nos que o protagonista sobes no ascensor cos fillos do veciño e estes lles mostran sisos de animais mortos, que van destinados ao seu xantar.
Os personaxes son descritos dunha forma bastante detallada e precisa, incluso os que son máis ben, secundarios, como os amigos do protagonista. Tamén se debe dicir que, quitando dous ou tres, o resto de personaxes son raros e peculiares.
En canto ao final, este pareceume á súa vez orixinal e inesperado, pero, a pesar destes dous factores, gustoume. En definitiva a historia non me defraudou.

Sen comentarios
Publicar un comentario