Vanesa Lalin:
1.
O poema máis divertido de todo o libro foi: Televisión de Manual
Rivas ( Ningún Cisne ) porque a nai do protagonista pensa na pobre señora
que tera que fregar todo o chan do Empire State en vez de asombrarse polo
bonito que é ese monumento .
2.
O poema máis atrevido de todo o libro foi: Quero sentarme de Lupe
Gómez ( Os teus dedos na miña braga con regra ) porque me transmite ideas
moi extrovertidas que me fan dar conta de que o protagonista do poema
debía ser moi valente .
3.
O poema máis sorprendente de todo o libro foi : Sombras de Xosé
María Álvarez Cáccamo ( Lúa de pan ) porque nos acaba deixando cun final
aberto , no cal a nosa imaxinación empeza a crear un monstro a través das
palabras do poema . E tamén porque é unha das poucas obras nas que parece que
volves a ser un meniño inventando monstros imaxinarios .
4.
O poema máis sentimental de todo o libro foi : Xaneiro 1972 , II de
Celso Emilio Ferreiro ( Onde o mundo se chama Celanova ) porque me parece
moi bonito a maneira na cal o autor espresa os seus sentimentos de amor de cara
a súa namorada Moraima .
5.
O poema máis misterioso de todo o libro foi : Máis que un poema
de Chus Pato ( Nínive ) porque a autora ten unha forma moi rara de
expresarse , xa que para elo ela usa soamente dou versos que deixan a xente ca
boca aberta como se esperaran algo máis .
6.
O poema máis erótico de todo o libro foi : Cerámica de Lupe Gómez
(Pornografía) porque con él podemos dar renda solta a nosa imaxinación máis
reprimida.
7.
O poema máis amoroso de todo o libro foi :Deitado frente ao mar
de Celso Emilio Ferreiro ( longa noite de pedra ) porque é un
poema que fala do amor hacia Galicia .
8.
.. O poema máis triste de todo o libro foi: Ósos de muller de
Marta Dacosta ( As amantes de Hamlet ) porque nel dise todo o
sufrimento que ten que pasar unha muller ao longo da súa vida , e os malos
momentos que nela pasa .
9.
O poema máis alegre de todo o libro foi : O año pitaño de X. M.
Álvarez Blázquez ( Roseira do teu mencer ) porque cando me poño a e lelo
alegrate e dache ganas de saltar e rir sen parar .
10.
O poema máis rítmico de todo o libro foi : Subiote de Xosé Neira
Vilas (Cantarolas ) porque me pareceu moi boa a idea de combinar versos de unha
palabra ou como máximo duas . Ademáis o poema ten un pequeno toque de
musicalidade.
O meu poema preferido é : Quérote como
o gato que durmía
a carón da lareira ,
despistadamente
pero cun ollo no rato .
De Raúl Gómez Pato ( Choiva , vapor e velocidade ) , neste gústame moito a
maneira na que o autor se dirixe o amor , que en verdade ten razón , xa que
todos os namorados andan co ollo na súa namorada . E ademáis o poeta ten una
forma moi particular de representar o amor , debido a que utiliza animais en
vez de persoas para facer isto , o cal me parece moi divertido. O lelo faime
sentir o bonito que é o amor , e as moitas formas divertidas coas que se
pode representar .
O poema que menos menos me gusta é : “ Lapidadas “
Como ovellas que van o matadeiro
camiñades as serdes lapidadas
en reas , silenciosas e humilladas ,
baixo a mirada atenta do carneiro …….
De Marica Campo ( Mulleres ) , este non me gusta nada xa que me fai
sentir os malos que poden chegar a ser os homes maltratando así as mulleres .
Penso que seguramente este poema intenta defender as mulleres , a mín esta idea
paréceme boa , pero o que non me gusta deste poema e que me fai recordar
todas as mulleres que cada minuto son maltratadas no mundo , e que calan por
medo a que os seus maridos lles sigan pegando , debido a esto non me agrada
moito o poema .
Julia Cacheda Couto:
-O poema máis divertido de todo o libro foi "O preguntón" de
Celso Emilio Ferreiro porque ten un final que me fixo rir.
-O poema máis atrevido de todo o libro foi "Escelsior" pola
forma na que esta escrito.
-O poema máis sorprendente de todo o libro foi "O que máis me gusta da
poesía" porque non me esperaba atopar nada así neste libro e ten razón,o
90% da literatura deberían ser silencios.
-O poema máis misterioso de todo o libro foi "máis que un poema"
porque nesas tres palabras agocha moito máis.
-O poema máis erótico de todo o libro foi "Sostívente nunca gasa de ás
de gaviota" porque fala de temas sexúais con palabras distintas.
-O poema máis sentimental de todo o libro foi "Cando
ela dorme" porque a forma na que describe o que sente faite suspirar.
-O poema máis amoroso de todo o libro foi "Domingo 18" porque
mostra como a persona indicada faiche perder os papéis.
-O poema máis triste de todo o libro foi "Agora" porque tan
pronto o lees faiseche un nudo terrible no estómago.
-O poema máis alegre de todo o libro foi "Power Racing Love"
porque a forma na que fala do amor faite sorrir.
-O poema que máis rítmico de todo o libro foi "Sombras" porque é
remotamente imposible que non o leas cantando.
O meu poema favorito é "Agora" porque e o único que remateí de
ler e reeleíno unha, outra e outra vez, porque me sinto identificada con el e de
todos os que lín é o que máis me transmite.
Non podo escoller o poema que menos me guste porque non hai ningún ao
que poda definir como "o peor" xa que non hai nin un só tan
terriblemente malo.
Alberto Blanco:
1- O poema máis divertido de todo o libro foi
Cociño a todas horas para precipitar
os alimanetos cruz de María do Cebreiro porque converte en poesía unha
receita de cociña.
2- O poema máis atrevido de todo o libro foi O
poéma é unha pedra na cabeza de Ronseltz porque fala dos “perigos” da
poesía para as persoas.
3- O pema máis sorprendente de todo o libro
foi Escelsior de Manuel Antonio
porque este poema pareceume sorprendente
pola súa estructura en forma de caligrama que imita un compás cos puntos
cardinais.
4- O poema máis sentimantal de todo o libro
foi ¿Non coñeces o mar? De Álvaro Cunqueiro porque faime sentir a brisa
mariña, o olor do mar e o descubrimento do mar por primeira vez.
5- O poema máis misterioso de todo o libro
foi Máis que un poema de Chus Pato porque non chego a comprender o que
quere transmitir a autora.
6- O poema máis erótico de todo o libro foi Definición
de Lupe Gómez porque compara o sexo coa sensación de perigo e aventura.
7- O poema máis amoroso de todo o libro foi O
amor de Lupe Gómez porque describe o impacto que sentimos cando nos
namoramos e a dor do rexeitamento.
8- O poema máis triste de todo o libro foi Autopsia
de Carlos Negro porque fala da norte dun mozo que se podía evitar.
9- O poema máis alegre de todo o libro foi Festa de Luís Amado porque describe o
mobemento que da comezo á festa.
10- O poema máis rítmico de todo o libro foi Deitado
frente o mar… de Celso Emilio Ferreiro porque o autor emprega moitas
repeticións e paralelismo que lle dan ao poema un ritmo moi marcado.
O
poema que máis ma gustou foi “Autopsia”
de Carlos Negro porque trata sobre unha das miñas afeccións favoritas: os
coches, pero tamén fala dos perigos que se poden sufrir se non se actúa con
responsabilidade.
Áinda que se trata dun poema breve, é intenso
e directo por iso o escollín.
O
poema que menos me gustou foi “A noite é necesaria” de X. Mª Díaz Castro
porque non entendín o que quere transmitir o poeta e ademáis paréceme un poema
triste e escuro.
Cristina Costela Seara:
1.
O poema máis divertido de todo o libro
foi “O poema é unha pedrada na cabeza” de Ronseltz porque utiliza o estereotipo de que a poesía só e para uns
cantos tolos, para facer un poema dicindo que a poesía é perigosa e é necesario
usar un casco
2.
O poema máis atrevido de todo o libro
foi “Power Racing Love” de Carlos Negro porque expresa o sentimento amoroso,
utilizando palabras que forman parte dun coche, a verdade é que me pareceu unha
idea bastante arriscada.
3.
O poema máis sorprendente de todo o
libro foi “Roupa” de Luísa Villalta
porque me pareceu un poema bastante orixinal, esta poeta utiliza a
cidade como se fora unha persoa que se viste, se maquilla.
4.
O poema máis sentimental de todo o
libro foi “Envellecer” de Ana María
Fernández porque me recordou aos meus avós, cando era pequena que se inventaban
historias para contarme, agora cóntanme cousas de cando eles eran pequenos... e
envellecendo devagar, ninguén lle saca o sorriso, gustoume moito esa frase do poema.
5.
O poema máis misterioso de todo o
libro foi “Far Blues” de Luz Pozo Garza porque ao comezar a elo,ía
lendo liña a liña con intriga, querendo descifrar o que nos quere transmitir a
autora.
6.
O poema máis erótico de todo o libro
foi “Tócome” de Rosalía Fernández Rial porque
fala sobre unha experiencia amorosa .
7.
O poema máis amoroso de todo o libro
foi “Moraima” de Celso Emilio Ferreiro porque ao lelo transmitiume ese sentimento que ten o
autor ao dicir “Moraima”.
8.
O poema máis triste de todo o libro
foi “Nai” de Xohana Torres porque me
fixo pensar no que supón a perda dun ser querido, e máis dunha nai. Tamén
pensei, no amor e cariño que nos da unha nai e foi un poema que me chegou.
9.
O poema máis alegre de todo o libro foi
“Lúa” de Luís Amado porque me pareceu unha maneira bonita de explicar que a lúa
sae de noite e polo día escóndese.
10.
O poema máis rítmico de todo o libro
foi “Cando chove” de Antonio García Teijeiro porque ao ler este poema, así sen
máis íao lendo con ritmo coma se fose unha canción.
Sen comentarios
Publicar un comentario