Despois de lermos Poetízate, o comentario a facer é ben diferente. Escollen un poema segundo uns parámetros e logo procuran cal é do seu agrado.
Anxo Gil Figueiras:
O libro achegoume á poesía, cando eu pensaba que era aburrida. A poesía de
Rosalía de Castro e Eduardo Pondal xa a coñecía, pero hai varios autores que
coñecín con este libro e que me gustaron, como Antonio Noriega Varela, Alfonso
Pexegueiro, Antonio García Teijeiro, Antón Lopo, Xabier Santiago ou Kiko Neves.
A poesía de Ramón Cabanillas e Álvaro Cunqueiro tamén me gustaron moito,
especialmente o último. Houbo poemas, como o de Celso Emilio Ferreiro, O
lóxico, que eran moi bos, e contaban moitas verdades. Tamén me dei de conta de
que moitos dos poemas do libro de galego deste ano e de cursos anteriores
aparecen en Poetízate. Foi un libro co que cambiou o meu concepto da poesía.
O poema máis divertido foi Unha moto que vira para a esquerda derrapa e
cai, De Xabier Santiago, Derrapa e cai, porque me pareceu moi absurdo e
gracioso a primeira vez que o lin.
O poema máis atrevido foi O lóxico, de Celso Emilio Ferreiro, Ceminterio
privado, porque me pareceu un atrevemento o poema, poñendo en evidencia o dito
popular.
O poema máis sorprendente foi Non teño ganas de ti, de Carlos Negro,
Penúltimas tendencias, porque é un poema de amor un tanto peculiar, afirmando
que non quere ver ao seu amado.
O poema máis sentimental foi Cuspe, de Antón Lopo, Fálame, porque os pais o
despreciaban por ser poeta, e el sentía a poesía.
O poema máis misterioso foi O que máis me gusta da poesía son os silencios,
de Kiko Nieves, Ruído de motos, porque argumenta a beleza do silencio.
O poema máis erótico foi Domingo,18, de Kiko Neves, Un Poema de Amor,
porque é moi porco.
O poema máis amoroso foi Voz sen verbas, de Antonio García Teijeiro, na
fogueira dos versos, porque argumenta que el sen ela vive nun inferno.
O poema máis triste foi xogamos aos galegos? de Carlos Solla, Holocausto
zacoe, porque conta dun modo realista a historia do galego.
O poema máis alegre foi Marihuana, de Manuel Rivas, ningún cisne, porque
relata dun xeito moi optimista o cultivo dunha droga ilegal.
O poema máis rítmico foi Sombras, de Xosé María Álvarez Cáccamo, lúa de
pan, porque ten moita musicalidade e ritmo, e gustoume moito.
-O que máis me gusta da poesía. Os silencios. Kiko Nieves, Ruído de
motos.
-Unha moto que segue de frente derrapa e cai. Xabier Santiago, Derrapa e
cai.
-Para que queredes un poeta vivo se non sabedes que facer con el. Alfonso
Pexegeiro, Blasfemias de silencio.
-Non teño ganas de ti. Carlos Negro, Penúltimas tendencias.
-Ningúen me prohibirá nunca estar soa. Lupe Gómez, Os teus dedos na miña
braga con regra.
-5 Razóns polas que cortaría contigo, Carlos Negro, Penúltimas
tendencias.
-Escribir felicidade é sobreactuar, David Rodríguez, Lapidarias.
-Xogamos aos galegos? Carlos Solla, Holocausto zacoe.
-Aos nove meses pariu un cartón de tabaco, Xiana Arias, Ortigas.
-Quero sentarme en coiro sobre campos de vacas e néboa. Lupe Gómez, Os
teus dedos na miña braga con regra.
O meu poema favorito foi "Cuspe", porque reflexa os sentimentos dun
verdadeiro poeta, e gustoume moito.
Adrián Mato:
O poema máis divertido de todo o libro foi “O Preguntón” de Celso Emilio Ferreiro.
Fíxome reflexionar, e é verdade que as veces por querer saber demais metémonos
en leas.
O poema máis
atrevido de todo o libro foi “E entre
tantos recheos” de María Reimóndez. Trata un tema moi presente na
actualidade e critica que a xente non se aproba así mesma polo que é.
O poema máis
sorprendente de todo o libro foi “Excelsior”
de Manuel Antonio. Nunca vira un
poema desa forma.
O poema máis
sentimental de todo o libro foi “Lingua
que rexeitaron os meus pais” de
Antón Tovar. Trata o tema da decadencia da lingua galega que é moi importante.
O poema máis
misterioso de todo o libro foi “O que
amo é o amor” de María Xosé Queizán.
Nin el mesmo é quen de definir o
que é o amor, e creo que iso é un misterio para nos. Que é o amor?
O poema máis
erótico de todo o libro foi “Definición”
de Lupe Gómez. Define ven a sexo.
O poema máis
amoroso de todo o libro foi “O amor”de
Lupe Gómez. Define moi ben o que e o amor por medio de metáforas pero en
realidade proseguimos sen saber, que e o amor? Quizá o amor sexa unha metáfora.
O poema máis
triste de todo o libro foi “Os mozos”
de Manuel Curros Enríquez. É unha crítica moi boa da urbanización e o triste
abandono do campo.
O poema máis
alegre de todo o libro foi “Sombras”
de Xosé María. A pesar de que é un poema que expresa o medo dun rapaz, os versos discorren moi alegremente.
O poema máis
rítmico de todo o libro foi “Amor de
auga lixeira” de Álvaro Cunqueiro.
Gústame lelo unha e outra vez e logrou que o seu ritmo sexa moi
apegadizo.
Todos estes poemas gustáronme moito pero sen
dúbida o poema que máis me gustou foi “Autopsia”
de Carlos Negro. A metáfora é moi evidente e reflexa un dos maiores problemas
da sociedade, o consumo de alcohol e drogas e a condución baixo a influencia
destas substancias, ademais da irresponsabilidade da xuventude.
Noelia Blanco Pájaro
- O poema máis divertido de todo o libro foi ``Quérote como aquel home´´ de Raúl Gómez Pato porque me resultou moi gracioso.
- O poema máis atrevido de todo o libro foi ``Quero sentarme´´ de Lupe Gómez porque so mirar o título do libro me parece un tema que non se soe tratar con normalidade.
- O poema máis sorprendente de todo o libro foi ``Escelsior´´ de Mnuel Antonio porque non pensei que iso puidera ser poesía.
- O poema máis sentimental de todo o libro foi ``Xaneiro 1972 II´´ de Celso Emilio Ferreiro porque ó lelo, é un dos que máis vivo.
- O poema máis misterioso de todo o libro foi ''Máis que un poema'' de Chus Pato porque creo que son dous versos que esconden moito detrás.
- O poema máis erótico de todo o libro foi ``Tócome'' de Rosalia Fdez Rial polo vocabulario que emprega.
- O poema máis amoroso de todo o libro foi ''Quérote como o meu bisavó'' de Raúl Gómez porque demostra amor dunha maneira moi sinxela.
- O poema máis triste de todo o libro foi ''Agora´´ de Xoán Abeleira porque fala dun desamor moi sufrido.
- O poema máis alegre de todo o libro foi ``Tódolos bebés son tú e ningún coma ti'' de Xela Arias porque mostra esa alegría dunha nai cara un fillo.
- O poema máis rítmico de todo o libro foi ``Subiote´´ de Xosé Neira Vilas porque Carlos Negro nun obradoiro leuno cantando con moito ritmo e agora que o vexo sempre me lembro e leo o poema cantando.
- O poema que máis me gustou de todo o libro foi ``Xaneiro 1972 II'' porque foi un poema que me transmiteu moito e que Celso Emilio Ferreiro soupo como escribir para que nós o sentiramos.
- O poema que menos me gustou de todo o libro foi ``Xogo ruín´´ de Luís Pimentel porque quizáis non o entendín moito.
Sen comentarios
Publicar un comentario