O inferno de Marta
Pasqual Alapont
Pasqual Alapont
Xerais
O título do libro xa nos di moito, pero eu penso que
aínda queda curto, xa que todo o que lle pasa a Marta é algo moi forte, pero o
peor é que calquera podería estar na súa pel.
Cando
empecei a ler esta novela pensei que as rapazas da historia poderiamos ser
calquera de nós dentro de dous ou tres anos, ou incluso agora mesmo, contando
as nosas experiencias, que nesta caso son moi calafriantes. A min
producíronme unha mestura de tristura, impotencia... xa que é moi complicado
darse de conta destas situacións de malos tratos tanto psicolóxicos como
físicos, que poden poñernos en situacións nas que non somos capaces de
controlarnos ou darnos de conta do que realmente nos pasa, chegando incluso a
rematar coa vida mesma, sen que ás veces se faga nada ou que cando nos deamos
conta xa sexa demasiado tarde.
Resultoume incrible como o “amor”, se así se pode chamar, en certas ocasións
nos volve tan cegos e non nos damos de conta que é todo o contrario, que nos
pon en situacións extremas e moi perigosas, onde non somos capaces de reaccionar,
como lle pasaba a Marta. Pero por outro lado deime de conta que tamén hai
cousas moi importantes como son os amigos, que che dan esa amizade de forma
gratuita, que ningunha cousa , cando é verdadeira, é capaz de destruír, sempre
que se precisan están aí, nos bos e malos momentos.
Fíxome todo isto reflexionar que os amigos, a nosa familia, os nosos
costumes… son algo moi importante, os cales nunca debemos renunciar por ningún
motivo,
Sen comentarios
Publicar un comentario