Comentario de Jennifer Rodríguez García
Cando Hitler roubou o coello rosa
Judith Kerr
Alfaguara
Gustoume moito o libro, ainda que ao principio non entendía moi ben o
título. Pensei que ía ser un libro un pouco infantil para explicarlle aos
rapaces máis novos un pouco a historia de Hitler.
Sentinme identificada coas pelexas que tiñan Ana e Max, porque eu moitas
veces discuto cos meus irmáns por tonterías, pero despois arranxámolo.
Gustoume o carácter de Madamme Fernand en todo o libro; é unha persoa moi
aberta e foi moi boa con Ana e coa súa nai, xa que cando non tiñan moitos
cartos, ela coseulle un vestido e un abrigo verde, que era o que ela quería.
Este libro recomendaríallo ler á xente que lle interese saber como era
Hitler; a min non me gusta como era coas persoas, gústame saber o que facía e
comparalo co que estamos vivindo agora.
Sen comentarios
Publicar un comentario