Corredores de sombra
Agustín Fernández Paz
Xerais
Xenial libro dun dos meus autores preferidos, só ao
ver que un libro é deste escritor sei con firmeza que me vai gustar e este non
podía ser a excepción, mestura moi ben o misterio coa adolescencia, a amizade
co amor, ademais da pobreza co poder de algúns e a vinganza.
Penso que Clara antes de ir de vacacións ao pazo era
outra rapaza, tras coñecer a Miguel cambia repentinamente, comeza a
experimentar multitude de cambios con respecto ao sentimental. Un amor que non
chegara a fluír pola diferenza de casta
que a pesar de estar no século XX seguía a haber, polo que os do pazo eran os
poderosos e os de pobo seguíanlles a render vasalaxe pero doutra maneira.
Por outra banda chegamos á descuberta dun cadáver o
que obriga a Clara a investigar para saber quen é o asasino e o asasinado.
Logra resolvelo coa axuda do seu namorado Miguel e o seu tío Carlos. Descobre cousas ocultas da
súa familia que o seu pai desexaba manter en segredo.
É do tipo de libros que a min me gustan, de misterio,
e aínda que non me gustaran ese tipo de libros, abofé que este gustaríame.
Sen comentarios
Publicar un comentario