ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/10/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Jennifer Rodríguez García


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 

O libro de pareceume un libro bastante divertido.
Non me sentín identificada con ningún dos personaxes, xa que non me gustou o carácter de ningún deles.

Gustoume moito a aparición de detective Colombo, porque lle deu un toque de intriga ao aparecer alí de súpeto.

Tamén me gustou moito o detalle de que a vella aparecera no televisor mentres Pololo estaba a ler o xornal deportivo e a mirar os programas de deportes.

Este libro recomendaríallo ler á xente que lle guste o humor e o medo, xa que este libro trata destas dúas cousas

1 comentario:

Martín Lamas Villanueva dixo...

Eu creo que o libro está moi ben, a min gústame moito, pero para que estivera mellor creo que lle falta máis realismo. Por exemplo cando a tía avoa Rosa se me mete no corpo de Rosiña. O final paréceme tamén moi soso, eu escribiría un pouco máis á historia, por exemplo como segue a vida de Rosiña. E o de que morran todos, ata Borja e Colombo pareceume excesivo porque con eles poderíase facer moita historia. A parte de todo iso, como dixen, pareceume un bo libro.