Este libro narra a vida de Carmucha,
unha rapaza de dezasete anos que o autor creou cunha gran capacidade para
crer en si mesma, e ter un carácter fóra do que estamos acostumados a ler, é
dicir, independente, guerreira, con carácter, que sabe o que quere, que ten
claro os seus soños e o camiño que quere tomar para conseguilos. Baixo o
meu punto de vista esta fouteza foi adquirida debido á perda, cando ela era
xove, de súa nai, algo que a deixou marcada e a obrigou a ser máis forte ante
a vida e a rebelarse ante as inxustizas (algo que fai ao longo da
historia). Máis alá tamén algo que afecta á protagonista é o carácter de
seu pai ante a morte súbita de súa muller, unha actitude covarde ós seus
ollos (deuse á bebida) algo que complicou a súa relación.
Os temas que aparecen no libro
gústanme, xa que son moi diferentes todos entre si, dende o contrabando do
volframio, co cal calquera que o tivese no seu poder significaba que o seu
poder adquisitivo aumentaría considerablemente, ata un amor do cal Camucha
renega en gran parte da historia ata o final onde decide deixar o seu carácter
rudo e rígxido a un lado para dar un bico apaixoado.
Aínda que hai partes monótonas e
lentas o libro tratou cousas que eu no seu comezo non esperaba: prostitutas,
violacións, mafias, etc.
Recoméndolle o libro aos afeccionados
destes temas ou os que queiran descubrir a valentía e a reveldía de Carmucha.
1 comentario:
Febre é un libro que me pareceu bastante entretido e sinxelo de ler, a pesar dalgúns momentos que quizais os atopei un pouco repetitivos.
Neste recóllese a historia dunha adolescente chamada Carmucha, cuxo propósito é loitar contra as inxustizas que están a acontecer arredor da mina de volframio, a maneira de subsistir náquela época. Alí coñece máis a fondo a Félix, o fillo dos caseiros, que ao final da historia remata sendo algo máis que un amigo. O que máis me sorprendeu foi o desenlace, no que a rapaza demostra unha vez máis a súa valentía e humildade facéndolle fronte a policía.
En resumo, pareuceme un bo libro e recoméndollo a todas as persoas amantes dos relatos de loita.
Publicar un comentario