ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

30/04/14

Penúltimas tendencias

Comentario de Ana Colmeiro


Penúltimas tendencias
Carlos Negro
Xerais

Sinceramente penso que o narrado neste libro, feito dende o punto de vista dunha muller, tamén podería ser aplicado ao sexo masculino. Mentiría se digo que a moda e as últimas tendencias teñen máis importancia (en número de persoas) nas mulleres ca nos homes, pero é evidente que eles xa se empezan a preocupar moito con iso tamén. O libro, malia ser moi curto, expresa claramente a decisión dunha muller que non quere "ter costuras nos labios" xa dende o primeiro poema. Gustoume a forma de expresar o seu descontento coa sociedade en xeral e parecéuseme bastante a un libro que estou lendo chamado EL CUADERNO DE MAYA, no que tamén (como neste libro) a protagonista intenta ser difererente, non por ser orixinal e atraer miradas, senón porque non está de acordo con esas modas tan superficiais que destacan agora. A voz de Penúltimas Tendencias quere un mundo no que a apariencia non sexa o todo, senón que quede cuberta detrás da importancia da intelixencia, razón e demais características que si que fan a alguén único. Califica o rosa como a cor na que visten as mulleres (cor que eu odio) e eso fíxome pensar na tradición de: "rosa para as nenas, azul para os nenos". Tradición ou non, está feita para separar xa homes e mulleres dende que son pequenos. O poema que tanto fala da cor rosa fíxome cavilar niso. É unha cousa sen importancia, pero que, queiramos ou non, aínda perdura na sociedade deste século. Rematando xa, teño que dicir que os dous poemas que máis me gustaron foron "Tatuaxes" e "National Geographic". 
De todos os libros que lin de Carlos Negro, este foi o que máis me gustou xa que, como os outros, critica algo da sociedade. Este tema concreto pareceume particularmente acertado en canto ó tema e ás palabras que elixiu para expresalo. O libro, malia ser breve, ten o toque xusto de fermosura en cada verso o que fai del un libro facilmente apreciable polo lector, neste caso, eu mesma.

1 comentario:

Ana Cuíña Iglesias dixo...

Este libro de poesía conta como nos cambia a simple palabra ¨moda¨.Como nos afecta tanto o fiísico ou a moda.Sempre hai que ir á moda para estar felices cun mesmo ou para ser ¨guai¨.Vivimos nun mundo onde a xente se esconde detrás de todas esas palabras que aparecen neste libro.A verdade é que me gustou bastante o libro porque explica todo como dunha forma graciosa.