Négame o pan, o ar,
a luz, a primavera,
mais a túa risa nunca
porque eu morrería"
Sen dúbida, a miña parte favorita do libro, esos 4
versos citados como exemplo para aprender a mecanografar.
O libro en conxunto gustoume, gustaríame ver esta obra
representada, a Caronte co seu gran nariz, sen dúbida faría falta un gran actor
para levar a cabo ese papel. Unha persoa moi leal, que pase o que pase, nunca
traizoaría aos seus compañeiros, incluso cando o están torturando. Tamén, unha
persoa intelixente, aínda que ás veces non o demostre, que sabe resolver os
problemas, todo un veterano dunha guerra que "non existiu". Para min
o personaxe que máis me gustou, até o último instante, nunca me deixou de atraer,
incluso cando ía facer de heroe e queimarse.
Por outra banda, unha persoaxe da que non entendo o seu
papel e Medias Vermellas, non acabo de atopar significado as súas palabras,
quizais porque son unha persoa moi nova e non vivin a época franquista.
Libro máis que recomendado, aínda que, como dixen,
representado por uns bos actores ten que ser unha obra maxistral.
1 comentario:
Este libro a verdade é que non estivo nada mal. Gústame moito o tema de que trata este libro, a guerra, pero a súa forma de explicar a historia do lexionario... Non é que me guste moito nese aspecto pero no resto a verdade é que está moi ben.
Publicar un comentario