Comentario de Noelia
Sampayo Iglesias
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Ledicia Costas
Xerais
Este libro pode identificarse moi ben cos adolescentes de hoxe en día, e o
perigo que pode ter o ciberchat, non sabes se estás a falar con alguén da túa
idade ou con alguén máis maior ou perigoso, é o caso de Isla chamada tamén como
Casicopea no seu chat, Isla comezou a falar cun rapaz para ela e cun home na
realidade, o caso foi que Isla empezou a falar con el e a encariñarse moito,
ata que un día coñeceuno e resultou ser un home de 50 anos que a quería matar,
e así o fixo. Os amigos de Isla quedaron moi traumatizados pola súa morte. Con
isto, quero destacar o perigo que poden ter estos chats, cos que falas con
"auténticos" descoñecidos.
Por outro lugar, o libro nun principio gustoume moito, pensaba que todo
acabaría ben, e Isla acabaría namorada do seu amigo e tamén amigo de Mar, pero
non foi así.
Sen comentarios
Publicar un comentario