ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/01/14

Todo ben

Comentario de Rosalía Rodríguez García


Todo ben
Manuel Rivas
Xerais




Tardei un anaco en captar que o título desta fermosa obra de Manuel Rivas tiña moito que ver co que dicían as páxinas deste. Pois resulta que esa frase é a resposta a moitas preguntas do libro. As aventuras do libro ocorren marioritariamente en Brasil aínda que Marcos Andrade é galego.
Por que recomendaría esta obra? Por moitos motivos, sería moi complicado decidirme por algún, pero todo o mundo da miña idade debería ler polo menos un libro deste autor coruñés.
O libro fala moito de fútbol, que a min non me gusta, polo que é a parte negativa da obra na miña opinión.

Sen comentarios