ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

08/12/13

Xograres dun tempo novo

Comentario de Diego Cangas


Xograres dun tempo novo
Pepe Carballude
Everest




Este libro ao principio non me gustou moito, porque fala de cousas que aínda non consigo entender. Pero a pesar deste comezo, seguín lendo todos os días un pouco, ese pouco aumentaba cada vez máis, ata quedar totalmente enganchado á historia tan tráxica de amor de Francisca, que agora envellecía nunha residencia. De feito, é difícil non "namorarse" de Xograres dun tempo novo con esas marabillosas ilustracións. E que dicir da letra e a textura das páxinas...
Ata a data, é o mellor libro que lin; só lle poño dúas pegas. A primeira é a dificultade coa que se expresa o autor ao comezo do libro. A segunda é a cantidade de personaxes que se mencionan, que fai que tardes moito tempo en ler algunha páxina para entendela á perfección. A pesar diso, é un libro fantástico.

Sen comentarios