ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/13

Todos somos

Comentario de Belén Ansedes Cornado


Todos somos
Marcos Calveiro
Xerais






Este libro conta a historia da desaparición de Natalia. Estes feitos estámolos a vivir día a día, e a forma na que está narrado fainos ver que lle pode pasar a calquera.
Antón, un amigo de Natalia, é un dos máis afectados polo acontecido. Cando a protagonista desapareceu sen deixar rastro, a reporteira Belén Soliño intentou conseguir audiencia para o seu programa falando deste estraño pero común caso. Por desgraza, non é unha historia cun final feliz. Despois de moito sufrimento e moita búsqueda, o caso de Natalia queda aberto.
É un dos libros que lle recomendaría a xente que non ve a realidade, que pensa que os casos de desaparicións só saen nas noticias, así daríanse conta que a calquera lle pode pasar: a un veciño, a un familiar, incluso a nós.

Sen comentarios