ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/12/13

A evolución de Calpurnia Tate


Comentario de Mario Salgueiro Tallón


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 
 
Este libro gustoume en parte si e en parte non. Gustoume a idea de que unha nena desa época e a esa idade quixera ser científica, tamén me gustou cando o irmán lle regala un caderno e Calpurnia escribe nel todo o que ve na natureza, o que lle gusta.
E disgustoume que a nai non aceptara a idea de ser cientifica e lle dixo que buscara un home e que traballara para el. Iso xa di que as mulleres daquela época non podían ser o que quixeran, se non que tiñan que ser sumisas ós homes, cousa que non debería ser asi.
Recomendo este libro xa que é moi facil de ler e é entretido.

Sen comentarios