ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

27/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Alberto Fariña


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
  
 
Non estou seguro de se me gustou o libro ou non, creo que en parte porque aínda que no libro haxa cousas que me gustaran antes de ler o libro esperaba algo máis, algo diferente. Creo que desde a primeira páxina, quixen que pasara algo, que me deixara de pedra, pero lin e lin e acabei o libro e iso non chegou. Para min a historia fáltalle unha cousa, fáltalle rock&roll, fáltanlle a chispa que detone a bomba que é a miña imaxinación, supoño que iso e o que me fai non estar seguro de se me gustou, supoño que á historia de Calpurnia non se lle pode dar esa chispa que eu busco. Aínda que para min lle faltara rock&roll, resultoume fácil de ler e resultoume entretido.
Unha das cousas que me encanta do libro é a forma que teñen os capítulos dende o primeiro ata o último, en todos eles está integrado un anaco da “Orixe das especies” de Darwin, libro que o avó lle presta a Callie. Falando do avó tamén me encanta a forma coa que responde ás preguntas de Callie.
En definitiva que a min non me acabara de gustar non quere dicir que non sexa un bo libro, que supoño que recomendaría a calquera.

Sen comentarios