ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/12/13

A evolución de Calpurnia Tate

Comentario de Rubén Campelo Camarero




A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka
 

O libro trata sobre o machismo, que é un tema moi actual. Fala dunha rapaza que se chama Calpurnia que quería ser científica pero que ninguén da súa familia a apoiaba, ninguén menos o seu avó. O que máis me abraiou foi que súa nai tampouco estaba da súa parte se non que quería que cosera, que cociñara e que atopase un bo marido.
O libro en xeral fíxoseme ameno e interesante, pero houbo anacos nos que me aburrín bastante.

Sen comentarios