ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/12/13

A evolución de Calpurnia Tate


Comentario de Fco. Miguel Casas Pico


A evolución de Calpurnia Tate
Jacqueline Kelly
Kalandraka

Había xa bastante tempo que non tiña o pracer de ler un libro coma este, a novela está completamente baseada no tema científico, probablemente o meu favorito xunto co misterio e as novelas detectivescas. A súa trama non é gran cousa sobre todo ao inicio, pero si que te engancha segundo as investigacións e os sucesos pasan. Tamén me pareceu correcta a ambientación que a autora lle dá ao libro situándoo nunha época pasada e colocando a unha rapaza como  protagonista, xa que non era habitual que as mulleres investigaran nesas sociedades machistas.

Sen comentarios